Ainda a origem e o significado de Linhares
Referente á carta de Pedro Linhares de Braga (28/01/2009) e que Carlos Rocha, coma sempre, respondeu e esclareceu brillantemente, quixera, de forma máis comprida, agregar un miúdo comentario. Así é ben seguro, logo, que os que levan o apelido Linhares (Liñares) terán que ver na súa orixe con algunha das moitas localidades que tanto en Portugal como en Galicia existen co citado nome tal como Carlos Rocha indicou coa súa perene lucidez. Mais tamén é ben certo que ese topónimo, por súa vez, lle vén dado pola relación existente con algún liñar ou linhar (linnar, en grafía máis enxebre) que é un tipo de terreo no que se bota (sementa) liño/linho, vexetal que en tempos non moi remotos era fundamental para a elaboración da roupa e, en consecuencia, o feito de o sementar era bastante corrente.
Transmito-vos a miña admiración polo voso traballo. Recibide un afectuoso abrazo.
